1- Recóllese o fluido oral pasando suavemente a espátula do dispositivo de detección polas enxivas.
2- A espátula introdúcese a continuación nun frasco de líquido revelador. Pasados 20 minutos o indicador que se atopa no mango do dispositivo informará se o resultado é reactivo ou non.
3- O indicador consta de dúas liñas (de cor avermellada), unha correspondente ao control do propio dispositivo de medida e outra correspondente o resultado da mostra do paciente. É moi sinxela de facer e non causa molestia algunha.
RESULTADO
REACTIVO DA PROBA:
O indicador da proba amosa
dúas liñas avermelladas despois de meter a espátula coa mostra do paciente no líquido revelador durante 20 minutos. A primeira liña, correspondente ao control, indica que o dispositivo funciona correctamente. A segunda liña, correspondente a mostra do paciente, indica que a proba detecta anticorpos de VIH en fluido oral analizado.
En este caso, o resultado é reactivo, é dicir, que a persoa pode estar infectada polo VIH. Polo tanto, débense realizar probas máis específicas de laboratorio para confirmar ou descartar esta infección. Namentres non se confirme ou descarte a infección polo VIH reforzarase a práctica do sexo seguro, mediante a utilización do preservativo nas relacións sexuais anais, vaxinais e buco-xenitais, para evitar reinfectarse ou infectar as parellas sexuais.
RESULTADO
NON REACTIVO DA PROBA:
O indicador da proba amosa
unha liña avermellada despois de meter a espátula coa mostra do paciente no líquido revelador durante 20 minutos.
Esta liña, correspondente ao control, indica que o dispositivo funciona correctamente. Sen embargo, a ausencia da segunda liña, correspondente a mostra do paciente, indica que a proba non detecta anticorpos de VIH na mostra de fluido oral analizada. Neste caso, o resultado non é reactivo, é dicir, que a persoa NON está infectada polo VIH.
Solo serán válidos os resultados nos cales pasaron máis de 3 meses entre a última práctica de risco e a realización da proba.