Hosting por dinahosting.

ABRINDO PORTAS Á INTEGRACIÓN

ACTUALIDADE
mércores, 09 de novembro de 2016
A Directora Xeral de Voluntariado visitou hoxe as instalacións de Aliad Ultreia
A directora xeral en funcións de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, coñeceu hoxe de primeira man o desenvolvemento dos proxectos que realizou a asociación Aliad-Ultreia no marco das axudas concedidas por este departamento autonómico a entidades de acción voluntaria e locais, e que se enmarcan no programa Servizo de Voluntariado Xuvenil. Con este obxectivo, Cecilia Vázquez reuniuse esta mañá na sede desta asociación lucense co seu presidente, Manuel Varela Veiga.

Neste encontro de traballo, ao que acudiron tamén á coordinadora de voluntariado, María Barba, e o seu responsable de proxectos, Manuel Diz, presentouse a proposta de adaptación das accións de Aliad-Ultreia á Estratexia de Acción Voluntaria 2016-2018 promovida pola Consellería de Política Social a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, e que permite regular a actividade neste ámbito. Deste xeito, o obxectivo desta entidade de Lugo é o de vincular as persoas voluntarias ás liñas de actuación máis transformadoras da entidade, con especial atención ás accións de sensibilización en relación aos seus ámbitos tradicionais de intervención: drogodependencias, prisión e muller.


 

Tel / Fax. 982 25 19 48 · Email. info@aliad.org · Rúa Milagrosa 99-101 Entlo. (Lugo)Estamos en
Asociación · Aliad Ultreia
Prodesin.com