Hosting por dinahosting.

ABRINDO PORTAS Á INTEGRACIÓN

ACTUALIDADE
xoves, 30 de marzo de 2017
ALIAD ULTREIA PRESENTA O LIBRO
Aliad Ultreia presenta o libro “Animación Sociocultural en prisión. Experiencia en el centro penitenciario de Monterroso, de autoría compartida por María Barba Núñez, Carmen Morán de Castro e Laura Cruz López.

O libro parte dunha reflexión teórica sobre as posibilidades de educación en prisións, e os condicionantes que a propia institución soporta. Sobre esta reflexión sustenta a defensa da animación sociocultural como enfoque de traballo que promove a transformación dos contextos e condicións de vida, a través da participación das persoas presas e de toda a comunidade penitenciaria.

Na segunda parte do libro descríbese unha proposta metodolóxica, exemplificada coa experiencia de animación sociocultural que a nosa entidade desenvolve dende o ano 2013 no Centro Penitenciario de Monterroso, co acompañamento do Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA-interea) da Universidade de Santiago de Compostela.

Neste acto falaráse sobre a obra, contando coa participación das institucións implicadas, das autoras do libro e de profesionais e voluntariado que participou desta experiencia.


 
 

Tel / Fax. 982 25 19 48 · Email. info@aliad.org · Rúa Milagrosa 99-101 Entlo. (Lugo)Estamos en
Asociación · Aliad Ultreia
Prodesin.com