Que facemos

Atención a persoas con trastornos aditivos

Programa Xurídico Social de Atención a Persoas Drogodependentes

O Programa Xurídico Social de Atención a Persoas Drogodependentes está enmarcado dentro do Plan de Trastornos Aditivos de Galicia (antes Plan Galego sobre Drogas) deseñado pola Xunta de Galicia.

O obxectivo deste programa é o asesoramento legal e social das persoas con trastornos aditivos, para que estas poidan acadar a súa incorporación social e laboral, ofrecendo:

  • Asesoramento xurídico ante problemas legais.
  • Axuda técnica a xuíces/xuízas e fiscais sobre a situación da persoa.
  • Coordinación con recursos sociais e xurídicos.
  • Atención social e psicolóxica ás persoas con trastornos aditivos e ás súas familias.
  • Orientación e motivación persoal de cara ao tratamento.
  • Información e asesoramento sobre temas penitenciarios.

Descargar  a tarxeta

                                                                  

Programa de cumprimento de medidas alternativas á prisión

Dende a entidade, en coherencia co programa Xurídico Social, ofrecemos dúas prazas para a realización de Traballo en Beneficio á Comunidade (TBC) para o cal coordinámonos cos equipos de tratamento das prisións, da Unidade de Atención ao Drogodependente e do Servicio de Xestión de Penas e Medidas Alternativas de Lugo (SGPMA).

Dende a asociación, deseñamos un plan de intervención para cada persoa, no cumplimento da medida, traballo que complementamos co programa de atención xurídico social, buscando mellorar a situación da persoa nas súas diferentes dimensións de vida.

De igual maneira tamén realizamos informes de seguimento para o SGPMA.

 

Tel/Fax. 982 25 19 48
Rúa Milagrosa 99 - 101 Entlo. (Lugo) - Email. info@aliad.org
Onde atoparnos