Atención a persoas con trastornos aditivos
Programa Xurídico Social de Atención a Persoas Drogodependentes
O Programa Xurídico Social de Atención a Persoas Drogodependentes está enmarcado dentro do Plan de Trastornos Aditivos de Galicia (antes Plan Galego sobre Drogas) deseñado pola Xunta de Galicia.
O obxectivo deste programa é o asesoramento legal e social das persoas con trastornos aditivos, para que estas poidan acadar a súa incorporación social e laboral, ofrecendo:
- Asesoramento xurídico ante problemas legais.
- Axuda técnica a xuíces/xuízas e fiscais sobre a situación da persoa.
- Coordinación con recursos sociais e xurídicos.
- Atención social e psicolóxica ás persoas con trastornos aditivos e ás súas familias.
- Orientación e motivación persoal de cara ao tratamento.
- Información e asesoramento sobre temas penitenciarios.
Descargar a tarxeta
Programa de cumprimento de medidas alternativas á prisión
Dende a entidade, en coherencia co programa Xurídico Social, ofrecemos dúas prazas para a realización de Traballo en Beneficio á Comunidade (TBC) para o cal coordinámonos cos equipos de tratamento das prisións, da Unidade de Atención ao Drogodependente e do Servicio de Xestión de Penas e Medidas Alternativas de Lugo (SGPMA).
Dende a asociación, deseñamos un plan de intervención para cada persoa, no cumplimento da medida, traballo que complementamos co programa de atención xurídico social, buscando mellorar a situación da persoa nas súas diferentes dimensións de vida.
De igual maneira tamén realizamos informes de seguimento para o SGPMA.