Levamos anos traballando nas prisións da provincia de Lugo (Bonxe e Monterroso), buscando mellorar a garantía de dereitos das persoas presas, as súas condicións de vida e as oportunidades de cara a saída en liberdade.
Con esta finalidade ofrecemos:
Descargar tríptico Monterroso.
Paso a paso
A través de itinerarios de inclusión social, acompañamos ás persoas reclusas ou ex-reclusas na definición do seu proxecto de vida. Valoramos con elas a súa situación social, familiar, de saúde e formativo-laboral, para poder marcar obxectivos e actuacións para a súa vida en prisión e saída en liberdade. Traballamos por potenciar as súas capacidades e redes de apoio, así como buscar apoios e recursos sociais que melloren a súa situación de cara a saída.
Facémolo a través de obradoiros grupais e atención individualizada, dirixida a ofrecer:
Este programa está financiado pola Dirección Xeral de Inclusión social da Consellería de Política Social de la Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+) a través do programa FSE+ Galicia 2021-2027. (Orde del 27 de xullo DOG nº 130, de 10 de xullo de 2023).
“Inclusión Social e loita contra a pobreza”
O obxectivo deste financiamento é fomentar a inclusión activa co obxecto de promover a igualdade de oportunidades, a non discriminación e a participación activa, e mellorar a empregabilidade, en particular para os colectivos desfavorecidos.
O resultado agardado con este Programa é que 48 personas participen en proxectos de inclusión con un mínimo de 6 actuacións realizadas .
Preparados, listos, xa!
Contamos cunha vivenda en Lugo para o desfrute de permisos penais, dirixida a aquelas persoas que carecen de vinculación familiar. O apartamento conta con todos os servizos que precisa a persoa, así como elementos de aseo e alimentación.
Entendemos os permisos como un dereito e como unha oportunidade para preparar a vida en liberdade polo que a persoa, contando cunha profesional de referencia, planifica o permiso cara ese bo aproveitamento. Ofrecemos asesoramento xurídico, acompañamento no acceso e xestión de recursos, na mediación coas familias, e no desfrute dun tempo libre saudable.
A convivencia na vivenda está suxeita á normativa do equipamento, así como á que vén marcada por orde xudicial en relación ás condicións de permiso (horarios, restricións, etc.).
Preparación á liberdade
O cumprimento dunha pena debe ter como obxectivo a educación e a reinserción social.
Pero o contexto penal, pola súa natureza de entorno pechado, dificulta a consecución destes obxectivos. Non é doado educar para a vida en liberdade dende o illamento social.
Por este motivo levamos ano desenvolvendo en prisión obradoiros grupais, nos que proporcionar un espazo de aprendizaxe e desenvolvemento persoal, traballando temas como:
Plan de Animación Sociocultural
Nun contexto social tan particular como é a prisión, confiamos na animación sociocultural como estratexia de traballo que permite acrecentar as posibilidades de educación, no respecto aos dereitos da persoa.
A través dun proceso de investigación - acción - participativa, a comunidade penitenciaria (persoas presas, persoal de Interior, equipo técnico e entidades externas) implicouse na análise da súa realidade co obxectivo de transformala. Dese proceso de reflexión naceron liñas de acción que buscan mellorar as posibilidades de educación en prisión incidindo na promoción da participación, a apertura da prisión á comunidade, o apoio á formación e á escolaridade, e a promoción do avance social a través da reflexión sobre a orientación educativa das prisións.
Ver máis no seguinte enlace: www.ascprision.es