Formación e sensibilización

Formación

No ámbito de formación impartimos obradoiros e charlas en torno ás temáticas nas que traballamos: promoción da igualdade e prevención violencias machistas, ámbito de traballo en prisión e intervención en drogodependencias.

Contamos cun plan formativo da entidade. Podedes ver os diferentes ámbitos e colectivos cos que traballamos nas fichas, onde se recollen os temas, a metodoloxía e contido de cada unha dela

Ademáis  contamos cunha plataforma online onde recollemos materiais e recursos didácticos para traballar a promoción da igualdade con adolescentes adaptados ao temario da materia de “Igualdade de Xénero” para os cursos da ESO (Educación Secundaria Obrigatoria). Nela poden descargarse de balde materias doutras entidades e en 6 dos temas tamén poden descargarse unha proposta de actividades e dinámicas para cada unha deles elaborada dende a nosa entidade.

https://igualdade.es/

Construíndo igualdade xuntas
Construíndo igualdade xuntas
Propostas educativas para traballar a igualdade de xénero
Construíndo igualdade xuntas

Esta plataforma recolle materiais didácticos e outros recursos adaptados ao temario da materia “Igualdade de Xénero” ofertada para 1º e 2º de ESO pola Consellería de Educación para os grupos de Secundaria, aínda que adaptable a contextos diversos.

Accede en www.igualdad.es

365 días de respeto e igualdade
365 días de respeto e igualdade
Centros de secundaria (Plan Proxecta)
365 días de respeto e igualdade

O curso busca proporcionar formación e ferramentas que lles permitan coñecer e recoñecer a violencia contra as mulleres e actuar na súa prevención, fomentando a autoestima, a autonomía, o coñecemento da construción social das súas identidades sexuais e a asignación de roles. 

No marco deste programa as entidades que formamos parte da Rede Galega contra a Trata Sexual impartimos o obradoiro “A nova escravitude do século XXI: Trata de seres humanos con fins de explotación sexual, outra forma de violencia de xénero" a alumnado e profesorado de Secundaria abordando a explotación sexual, as súas causas e consecuencias.

http://igualdade.xunta.gal/gl/programas/plan-proxecta 

Construción de igualdade e prevención das violencias machistas
Construción de igualdade e prevención das violencias machistas
Centros educativos de primaria e secundaria
Construción de igualdade e prevención das violencias machistas

Realizamos obradoiros en centros educativos con diferentes niveis, dende primaria a secundaria, abordando temas relacionadas coa promoción da igualdade vencelladas a experiencia de traballo da entidade.

Segundo o público, adaptándose ao nivel da rapazada, desenvolvemos talleres sobre contrucción do xénero; o coidado e bo trato para a prevención das violencias machistas e educación afectivo sexual.

Abolición da prostitución
Abolición da prostitución
Charlas e espazos de debate
Abolición da prostitución

Realizamos charlas e participamos en espazos de diálogo en torno a abordaxe da prostitución, defendendo unha postura abolicionista.

Buscamos contribuír á toma de consciencia e á deconstrución dos marcos sociais, culturais e políticos en relación á explotación sexual, compartindo a nosa experiencia profesional neste ámbito.

Formación en coidados
Formación en coidados
Universidades, voluntariado, cidadanía en xeral
Formación en coidados

Neste curso buscamos incorporar unha mirada en torno ás diferentes dimensións do coidado –o autocoidado, os coidados relacionais e o bo trato– na superación das diferentes formas de violencia e de dinámicas de relación pouco respectuosas coa vida.

Formación sobre educación en prisión
Formación sobre educación en prisión
Profesionales, estudiantes y voluntariado.
Formación sobre educación en prisión

Xunto co Grupo de investigación SEPA da USC, desenvolvemos diferentes accións formativas que buscan afondar e reivindicar o valor da educación como elemento primordial na función (re)educadora da prisión; analizar os límites e potencialidades das accións educativas neste contexto; e compartir metodoloxías educativas baseadas na animación sociocultural.

www.ascprision.es

Tel/Fax. 982 25 19 48
Rúa Milagrosa 99 - 101 Entlo. (Lugo) - Email. info@aliad.org
Onde atoparnos