No ámbito de formación impartimos obradoiros e charlas en torno ás temáticas nas que traballamos: promoción da igualdade e prevención violencias machistas, ámbito de traballo en prisión e intervención en drogodependencias.
Contamos cun plan formativo da entidade. Podedes ver os diferentes ámbitos e colectivos cos que traballamos nas fichas, onde se recollen os temas, a metodoloxía e contido de cada unha dela
Ademáis contamos cunha plataforma online onde recollemos materiais e recursos didácticos para traballar a promoción da igualdade con adolescentes adaptados ao temario da materia de “Igualdade de Xénero” para os cursos da ESO (Educación Secundaria Obrigatoria). Nela poden descargarse de balde materias doutras entidades e en 6 dos temas tamén poden descargarse unha proposta de actividades e dinámicas para cada unha deles elaborada dende a nosa entidade.
Esta plataforma recolle materiais didácticos e outros recursos adaptados ao temario da materia “Igualdade de Xénero” ofertada para 1º e 2º de ESO pola Consellería de Educación para os grupos de Secundaria, aínda que adaptable a contextos diversos.
Accede en www.igualdad.es
O curso busca proporcionar formación e ferramentas que lles permitan coñecer e recoñecer a violencia contra as mulleres e actuar na súa prevención, fomentando a autoestima, a autonomía, o coñecemento da construción social das súas identidades sexuais e a asignación de roles.
No marco deste programa as entidades que formamos parte da Rede Galega contra a Trata Sexual impartimos o obradoiro “A nova escravitude do século XXI: Trata de seres humanos con fins de explotación sexual, outra forma de violencia de xénero" a alumnado e profesorado de Secundaria abordando a explotación sexual, as súas causas e consecuencias.
Realizamos obradoiros en centros educativos con diferentes niveis, dende primaria a secundaria, abordando temas relacionadas coa promoción da igualdade vencelladas a experiencia de traballo da entidade.
Segundo o público, adaptándose ao nivel da rapazada, desenvolvemos talleres sobre contrucción do xénero; o coidado e bo trato para a prevención das violencias machistas e educación afectivo sexual.
Realizamos charlas e participamos en espazos de diálogo en torno a abordaxe da prostitución, defendendo unha postura abolicionista.
Buscamos contribuír á toma de consciencia e á deconstrución dos marcos sociais, culturais e políticos en relación á explotación sexual, compartindo a nosa experiencia profesional neste ámbito.
Neste curso buscamos incorporar unha mirada en torno ás diferentes dimensións do coidado –o autocoidado, os coidados relacionais e o bo trato– na superación das diferentes formas de violencia e de dinámicas de relación pouco respectuosas coa vida.
Xunto co Grupo de investigación SEPA da USC, desenvolvemos diferentes accións formativas que buscan afondar e reivindicar o valor da educación como elemento primordial na función (re)educadora da prisión; analizar os límites e potencialidades das accións educativas neste contexto; e compartir metodoloxías educativas baseadas na animación sociocultural.