Ser socia/o é ser parte da asociación. Ademais da importancia da contribución económica no sostemento dos programas da entidade, serás parte nas reunións e votar na asemblea xeral, ter voz na toma de decisións sobre o que queremos que sexa Aliad Ultreia. En continua comunicación, recibirás un boletín de forma periódica con información sobre as actividades e iniciativas que desenvolvemos durante o ano.
Este tipo de contribucións solidarias teñen unha importante dedución fiscal. Actualmente poderás deducir un 75% ata os 150€ anuais de donativo, e un 35% no que supere esta cifra, na Declaración da Renda. (ver información na Axencia Tributaria).
Se desexas facerte socia/o, cubre o seguinte formulario, ou contacta connosco por teléfono ou correo electrónico para máis información (cota mínima de 15€).