27 / Setembro / 2022 · Por: Aliad Ultreia
Estamos de noraboa!
Onte día 27 de setembro de 2022 o programa Senlleiras recibiu A Medalla Concepción Arenal outorgadas pola Asociación Penitenciaria Concepción Arenal.
Estas medallas foron entregadas a diversas entidades públicas e sociais, así como a persoas que traballan con mulleres en vulnerabilidade no entorno da cidade de Lugo. Entre os galardonados atopábanse tamén Félix Rodríguez Fernández, director do Centro Penitenciario de Monterroso; José Manuel Sánchez Murias, tenente da Garda Civil; Miguel González, Xeneral de Brigada da Garda Civil; Sonia Aparicio, da unidade de estranxeiría da Policía Nacional de Lugo, o Programa de Muller de Cáritas Lugo, o Programa de mulleres en dificultade social da Cruz Vermella de Lugo, Amelia Tiganus, experta na trata sexual e poñente nas xornadas, e Paula Fraga, experta en igualdade e tamén poñente nas xornadas.
O recoñecemento ao Programa de Aliad Ultreia recolleuno a nosa compañeira Ana Barba, coordinadora do área de Muller da entidade.
21 / Setembro / 2022 · Por: Aliad Ultreia
O pasado 21 de setembro a Conselleira de Promocion de Emprego e Igualdade Dna. Maria Jesus Lorenzana xunto coa Secretaria Xeral da Igualdade Dna. Susana López Abella presentaron en Santiago de Compostela o 1 Plan Galego contra a Trata. Neste Plan participou a Rede Galega contra a Trata Sexual, da que @aliadultreia forma parte xunto con outras 11 entidades, aportando o 61% das 59 medidas que recolle o Plan.
Este Plan ten unha vixencia de tres anos
(2022-2024), recolle 5 areas estratéxicas e ten
como finalidade articular políticas transversais para contribuir á súa erradicación e fortalecer os recursos de atención integral ás vítimas.
17 / Agosto / 2022 · Por: Aliad Ultreia
Compartimos convosco a Memoria de actividades do ano pasado, onde podreis coñecer todas as actividades e proxectos que levamos a cabo durante o 2021, ademais das colaboracións, aliados e aliadas e as contas da entidade.
Non dudeis en acceder ao apartado de memorias na nosa páxina web o noso seguinte link:
https://www.aliad.org/archivos/38/Memoria-Aliad-2021-32.pdf
E calquera dúbida contactade connosco!
06 / Xuño / 2022 · Por: Aliad Ultreia
Aliad Ultreia asinou, o venres 3 de xuño, en Santiago de Compostela o convenio para o desenvolvemento do Programa de Atención Xurídico Social a Persoas con Trastornos Adictivos.
Este convenio permite financiar, durante o periodo de un ano, as actividades que no eido das adiccións Aliad Ultreia desenvolve desde fai varia décadas. No ano 2021 este Programa atendeu a 209 persoas (177 homes e 32 mulleres) con trastornos adictivos da provincia de Lugo en temas sociais e/ou xurídicos.
Á sinatura asistiron, entre outras persoas,o Conselleiro de Sanidade D. Julio García Comesaña, o Secretario Xeral Técnico D. Alberto Fuentes Losada a Vicepresidenta de Aliad Ultreia Dna. Ana Luisa Posada Luaces e o xerente desta entidade D. Manuel Diz Díaz.
Neste mesmo acto asinaron convenio outras 5 entidades Galegas que desenvolven este tipo de programas por todo o territonio da comunidade autónoma.
19 / Maio / 2022 · Por: Aliad Ultreia
06 / Maio / 2022 · Por: Aliad Ultreia
Esta semana tivemos outra Aula Aberta no Centro Penal de Monterroso. Nesta ocasión, da man de Antonio García Vinuesa, divulgador científico e investigador na Universidade de Santiago de Compostela, que nos falou sobre cambio climático.
Foi unha xornada moi enriquecedora, unha oportunidade de achegar ciencia e debate máis aló dos muros de prisión. Os internos que asistiron participaron de forma moi activa e mostráronse moi interesados neste ámbito.
Esta actividade está encadrada na liña de motivación ao estudo e reforzo educativo dentro do Plan de Animación Sociocultural que se está a desenvolver nese centro, no que ademáis de Aliad-Ultreia participan o Grupo SEPA da Universidade de Santiago de Compostela e o Ecigal da Universidade da Coruña e coa colaboración da Asociación Melisa, entre outros.
Este proxecto está financiado pola Fundación "la Caixa"
22 / Abril / 2022 · Por: Aliad Ultreia
Esta semana tivemos o obradoiro "Ocio e tempo libre. Propostas de voluntariado", os días 20 y 21 abril, no que creamos propostas de acción social e participación nas actividades da entidade.
Foron dúas xornadas nas que se creou un espazo super enriquecedor, de aprendizaxe e creación mutua, con moita implicación e compromiso por parte das persoas participantes
Espéranos un ano moi ben acompañadas con moitas ideas para desenvolver que se verán melloradas co bo saber facer e estar nas persoas voluntarias.
13 / Abril / 2022 · Por: Aliad Ultreia
27 / Abril / 2021 · Por: Aliad Ultreia
Hoxe recibimos na nosa entidade á Conselleira de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia Dna. María Jesús Lorezana Somoza e do delegado territorial da Xunta en Lugo D. Javier Arias Fouz. Nesta visita, ademais de coñecer in situ ás nosas instalacións e os programas que desenvolve a entidade, asinouse o convenio para o mantemento dun piso de acollida para vítimas de trata con fins de explotación sexual.
22 / Decembro / 2020 · Por: Aliad Ultreia
Outro ano máis, a través del programa Coopera, Aliad Ultreia contará con unha persoa de apoio o desenvolvemento dos programas que leva a cabo.